martes, 16 de diciembre de 2014

MULTIPLICACIÓNS DIVERTIDAS

Durante estas vacacións de Nadal hai que repasar as táboas de multiplicar. Unha vez que as teñades repasadas podedes probar con estes xogos paara comprobar canto sabedes. A divertirse coas matemáticas!!!!

            

lunes, 1 de diciembre de 2014

NATURAIS. OS VERTEBRADOS

Interesantes videos sobre os grupos de vertebrados. Por certo, xa tes escollido o teu animal para o traballo? Tes que ir recopilando información!!!


martes, 18 de noviembre de 2014

NATURAIS: OS INVERTEBRADOS

Imos adentrarnos no apaixoante mundo animal. Empezaremos polos invertebrados. Aquí vos deixo unha serie de vídeos de cada unha das clases dos invertebrados. Tamén tedes uns xogos para aprender un pouco máis.







jueves, 13 de noviembre de 2014

VISITA DOS BOMBEIROS FORESTAIS

Que ben o pasamos hoxe! Forestiño ensinounos como debemos facer para evitar os incendios e logo os seus axudantes mostráronnos os equipos e ferramentas que usan e deixáronnos subir á motobomba.

jueves, 6 de noviembre de 2014

NATURAIS: CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

Cal é o teu animal favorito? Un can, un cabalo, un golfiño, unha araña, unha rá, unha medusa, unha pulga....? Nestes días imos aprender como clasificalos segundo as súas características e algunhas curiosidades sobre eles. Queres investigar?








SOCIAIS: A AUGA




Ola, son Pina. Son unha pinguiña de auga que vivo no río Eume dende non hai moito tempo. Deíxovos uns vídeos e páxinas para que vexades que apaixoante é a miña vida e cantas  aventuras  vivo. Tamén quero que vexades que, ás veces, póñome moi triste porque hai xente que non me trata moi ben. Queredes axudar a coidarme?











viernes, 31 de octubre de 2014

SAÍDA AS FRAGAS DO EUME


O martes 4 de novembro, se o tempo o permite, temos previsto facer unha saída polas fragas durante a mañá. Darásevos a nota para a autorización o luns que deberedes traer firmada sen falta o martes.

Correde a voz e avisádevos uns aos outros. É importante que o saiba todo o mundo.



jueves, 30 de octubre de 2014

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Para aqueles de vós que esteades un pouquiño aburridos estes días, aqui vos deixo un xogo para repasar as táboas de multiplicar do 3, 4 e 5. Preme na imaxe e a ver cantos puntos eres quen de conseguir.



NOITE DE SAMAÍN...

Aquí vos deixo un par de historias de medo contadas por Beatriz Montero que é unha contacontos realmente fantástica. Que vos divirtades na noite de Samaín, ha ha ha!!!

miércoles, 29 de octubre de 2014

NOITE DE SAMAÍN....

Estamos preparados para escorrentar todas as pantasmas que osen achegarse ao noso cole, ha ha ha ha!!!!
As nosas cabazas son as máis arrepiantes de todas!!!! Aínda que tamén as hai a mar de fermosas!


BAILAN, BAILAN AS PANTASMAS
MOUNSTROS, BRUXAS E CORUXAS,
BULE, BULE QUE AÍNDA É CEDO
E HOXE TOCA PASAR MEDO.....
 SAMAÍN 2014 on PhotoPeach

miércoles, 8 de octubre de 2014

NORMAS DE CONVIVENCIA

Benvidos a terceiro. Este curso imos traballar moito e aprender un montón de cousas interesantísimas. E para poder traballar a gusto e levarnos tod@s moi ben, aquí están a nosas normas da aula.
CORUXAS  E  MOUCHOS
Normas da aula
     
          

1. SON  RESPETUOS@   E   EDUCAD@
Ø  Escoito  cando  me  falan
Ø  Pido permisos
Ø  Uso  palabras  máxicas:  Perdón, Grazas, Por favor…
Ø  Traballo  sen  molestar
Ø  Evito  conflictos
2. SON  CUIDADOS@  E  ORDENAD@
Ø  Teño  colocado  todo  o  material
Ø  Recollo e limpo
Ø  Coido  das  cousas  propias  e  alleas
3. ESTOU  PREPARAD@
Ø  Traio  cada día as  tarefas  e o material que necesito
Ø  Coloco  todo  na  mesa  antes  de  empezar
Ø  Concéntrome  na  tarefa  que  vou  realizar


viernes, 3 de octubre de 2014

CORUXAS E MOUCHOS

Qué animais máis misteriosos e interesantes! Aquí vos deixo algunhas fotos para que vexades que bonitiños son. Máis adiante xa investigaremos sobre eles.


CORUXAS E MOUCHOS on PhotoPeach