viernes, 25 de diciembre de 2015

FESTIVAL DE NADAL 2015

Un ano máis, os artistas do Couceiro subiron ao escenario para agasallarnos co seu inxenio. Que bo rato pasamos!!  Aqui vos deixo todas as actuacións para que o desfrutedes as veces que queirades.

jueves, 17 de diciembre de 2015

RECOMENDACIÓNS DE GÜINO PARA O NADAL

Un dos mellores agasallos para Nadal é un libro. Con el podes aprender, divertirte e vivir apaixoantes aventuras. Por iso Güino, como todos os anos, vos deixa as súas recomendacións deste ano, por se vos interesa engadir algunha delas nas vosas cartas aos Reis Magos. Sexa como sexa, que desfrutedes moito lendo!!!!

BOAS FESTAS E VÉMONOS NO 2016



http://issuu.com/juliopampin/docs/recomendaci__ns_nadal_15/1?e=5050124/31883821
PREME NA IMAXE 


Por certo, estade atentos estes días porque en canto poidamos colgaremos os videos das vosas fantásticas actuacións do Festival de Nadal. Sodes uns artistas!!!!
E lembrade que cando teñades un ratiño, podedes vir xogar coas actividades da páxina. Vémonos!!!

COIDAMOS DA NOSA SAÚDE

A nosa profe de prácticas, Paula, ensinounos e guiounos na elaboración dun traballo sobre hábitos saudables. Traballamos en equipo e aprendimos moitas cousas sobre o tema. Buscamos e analizamos información, puxémola en común, debatimos e chegamos a decisións sobre o diseño e o contido , repartimos tarefas, elaboramos e finalmente preparamos unha exposición dos nosos traballos aos nosos compañeiros Gustounos moito esta forma de estudar,porque non todo van ser exámenes!! Grazas Paula por axudarnos tanto. Vas ser unha gran profesora !!!