viernes, 31 de octubre de 2014
SAÍDA AS FRAGAS DO EUME
O martes 4 de novembro, se o tempo o permite, temos previsto facer unha saída polas fragas durante a mañá. Darásevos a nota para a autorización o luns que deberedes traer firmada sen falta o martes.
Correde a voz e avisádevos uns aos outros. É importante que o saiba todo o mundo.
jueves, 30 de octubre de 2014
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
Para aqueles de vós que esteades un pouquiño aburridos estes días, aqui vos deixo un xogo para repasar as táboas de multiplicar do 3, 4 e 5. Preme na imaxe e a ver cantos puntos eres quen de conseguir.
NOITE DE SAMAÍN...
Aquí vos deixo un par de historias de medo contadas por Beatriz Montero que é unha contacontos realmente fantástica. Que vos divirtades na noite de Samaín, ha ha ha!!!
miércoles, 29 de octubre de 2014
NOITE DE SAMAÍN....
Estamos preparados para escorrentar todas as pantasmas que osen achegarse ao noso cole, ha ha ha ha!!!!
As nosas cabazas son as máis arrepiantes de todas!!!! Aínda que tamén as hai a mar de fermosas!
BAILAN, BAILAN AS PANTASMAS
MOUNSTROS, BRUXAS E CORUXAS,
BULE, BULE QUE AÍNDA É CEDO
E HOXE TOCA PASAR MEDO.....
SAMAÍN 2014 on PhotoPeach
As nosas cabazas son as máis arrepiantes de todas!!!! Aínda que tamén as hai a mar de fermosas!
BAILAN, BAILAN AS PANTASMAS
MOUNSTROS, BRUXAS E CORUXAS,
BULE, BULE QUE AÍNDA É CEDO
E HOXE TOCA PASAR MEDO.....
SAMAÍN 2014 on PhotoPeach
miércoles, 8 de octubre de 2014
NORMAS DE CONVIVENCIA
Benvidos a terceiro. Este curso imos traballar moito e aprender un montón de cousas interesantísimas. E para poder traballar a gusto e levarnos tod@s moi ben, aquí están a nosas normas da aula.
CORUXAS E MOUCHOS
Normas da aula
1. SON
RESPETUOS@ E EDUCAD@
|
Ø Escoito cando me falan
|
Ø Pido permisos
|
Ø Uso palabras máxicas: Perdón,
Grazas, Por favor…
|
Ø Traballo sen molestar
|
Ø Evito conflictos
|
2. SON
CUIDADOS@ E
ORDENAD@
|
Ø Teño colocado todo o
material
|
Ø Recollo e limpo
|
Ø Coido das cousas propias e alleas
|
3.
ESTOU PREPARAD@
|
Ø Traio cada día as tarefas e o material que necesito
|
Ø Coloco todo na mesa antes de empezar
|
Ø Concéntrome na tarefa que vou
realizar
|
viernes, 3 de octubre de 2014
CORUXAS E MOUCHOS
Qué animais máis misteriosos e interesantes! Aquí vos deixo algunhas fotos para que vexades que bonitiños son. Máis adiante xa investigaremos sobre eles.
CORUXAS E MOUCHOS on PhotoPeach
CORUXAS E MOUCHOS on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)