jueves, 19 de marzo de 2015

ECLIPSE DE SOL

O 20 de marzo chegamos ao final do inverno no hemisferio norte e farémolo cun belo fenómeno astronómico: un eclipse de sol, que será visible dende Galicia parcialmente.
 Dará comenzo sobre as nove da mañá e estará no seu máximo sobre as 10, así que aínda que sexa festivo paga a pena madrugar un pouquiño. Lembrade que é MOI IMPORTANTE protexer os ollos e que se non tedes con que facelo é mellor observar o eclipse na tele ou nalgunha páxina de internet. NUNCA o fagades mirando ao ceo  directamente
Déixovos algo de información sobre os eclipses e os enlaces ás páxinas do Instituto Xeográfico Nacional e da Nasa. Na primeira delas atoparedes unha pantalla para ver a emisión do eclipse en directo!! Xa me contaredes o que vos parece.






3 comentarios: