jueves, 29 de octubre de 2015

CONTO DE MEDO

Aplicando as técnicas da Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, e aproveitando que estamos en Samaín, escribimos un conto de medo entre toda a clase. A ver se vos gusta. Ai mamasiña, que medo!!!!

 Técnica : A PEDRA NO ESTANQUE A PALABRA DE HOXE É......GRITO 

 Asociacións dos nenos/as
 gracioso , sonido , voz , Román , casa, choro, blandiño , morte , paiaso , falar , medo, toro , ruido , meiga , chillido , inglés

 Cada neno, aleatoriamente, vai engadindo unha oración ao conto. Única regra: teñen que aparecer todas as palabras das asociación

 UN GRITO NA NOITE…
         Esta é unha misteriosa historia. Tan misteriosa que aínda hoxe en día non se sabe moi ben o que pasou. (profe) Érase unha vez unha casa abandoada dunha pequena vila de Rusia. (Irene) As xentes do lugar dicían que estaba encantada. (Antía R.) Era pequeña, estaba moi sucia e chea de teas de araña (Brais P.). Faltáballe medio tellado e os paxaros anidaban dentro dela. (Manuela) Cada noite, ás dúas da mañá, escoitábase un chillido que proviña do interior da casa. (Brais R.)Había anos que ninguén se atrevía a entrar, dende que o propietario da casa morrera. (María) Tiñan medo de que a casa estivera viva (Aroa) O sonido, cada noite era máis forte.(Ainoa)

       Na vila habitaba un valente neno chamado Román. (Claudia) Un día decidiu que quería entrar na casa (Román). Contoulles aos seus amigos as súas intencións e todos lle dixeron que tivese moito coidado (Mario) Cando Román chegou á casa e abriu a porta, o primeiro que viu foi unha sombra (Alex) Xa dixemos que era valente así que entrou (Esteban) Dentro había unas escaleiras que parecía que nunca remataban (José Ángel) A sombra subiu as escaleiras e Román correu tras ela (María) . Chegou ao primeiro piso e observou unha porta á dereita (Brais R.) A sombra atravesou esa porta e o neno seguiuna (Ainhoa). Parecía que a sombra quería levalo a algún sitio importante para ela(Celia). Observou que a habitación estaba chea de cuadros estraños: unha meiga, un paiaso inglés e un toro sen cornos (profe). Escoitou un choro e …



Agora tócache a ti rematar o conto. E non esquenzas que hai que colocar todas as palabras que faltan.... Ai mamasiña que medo!!!!!

3 comentarios:

  1. Hola son Ainhoa.
    Oconto de medo me gustou moito.

    ResponderEliminar
  2. Hola,son Celia, foi divertido rematar o conto de medo.

    ResponderEliminar
  3. Ola son Brais R gustoume moito o conto e a miña mai dixome que por que ti dixeches duas frases e alguns ningunha.

    ResponderEliminar